Arte paleolitica en galiza


Os restos de arte paleolítica en Galiza son moi poucos debido á escaseza de covas neste territorio (non hai nada, só restos de ocres colorantes minerais) e a que a arte móbel se realizaba fundamentalmente sobre ósos e estes, debido á acidez da terra, non se conservan con facilidade.
Da arte móbel só se conservan un colgante e unha azagaia. O colgante atopouse na estación paleolítica de Férvedes II (Xermade) e atópase actualmente no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. O material é, posibelmente, esteatita, é plano e ten forma oval. Ten un orificio de forma circular, supostamente para o cordón do que penduraba, e como decoración un trazo recto e vertical no centro das dúas caras, máis fondo dunha delas. É semellante a outras pezas de xacementos magdalenienses do Cantábrico
A azagaia fíxose con óso, é lixeiramente aplanada e de perfil recto. Está decorada cunha incisión horizontal.
- -Bibliografia
- -Galipedia; Galicia.CC.SS Xeografía e Historia.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio