paleolitico superior



O paleolitico superior
O Paleolítico superior ou Epipaleolítico (ata 8.000 a.C). O clima frío e húmido explica o habita nos abrigos penedosos, como o descuberto en Muras, (Vilalba Lugo). As pezas líticas atopadas, máis pequenas e talladas sobre silex, amosan unha capacidade técnica superior. Os restos de ocre, suxiren a posibilidade da existencia de pintura mural ou corporal, pero tampouco hai indicios de que estes abrigos naturais fosen empregados como hábitat estable. Dedicados aínda a caza e a recolección, supoñemos a existencia dunha sociedade de carácter igualitario e obrigado nomadismo. No mesolítico, período transitorio co neolítico, nas comarcas costeiras, a práctica intensiva do marisqueo, permitiría unha menor importancia da caza como medio de vida e unha maior especialización laboral.
Fontes:
- -Bibliografia
- -Romero Masíá, A.; Galicia.CC.SS Xeografía e Historia, A Coruña, Baía edicións, 1997.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio